En Galicia hai un lugar onde comer é unha aperta á tradición: Restaurante Fogar do Santiso
En Maio de 1996 naceu o “Fogar do Santiso”, no lugar que foi entorno de vida e actividade da familia Santiso. Xosé...
En Maio de 1996 naceu o “Fogar do Santiso”, no lugar que foi entorno de vida e actividade da familia Santiso. Xosé Santiso, poeta, músico e namorado da súa herdanza e tradición, contribuiu á recuperar a historia e as lembranzas do lugar e amosou unha proposta filosófica que pretendía rachar coa perda dos referentes culturais galegos.
O Fogar do Santiso leva desde o ano 1996 sendo unha referencia na recuperación da cultura e da tradición do noso país. Milleiros de galeg@s de dentro e fora da Galiza, ademais dunha inxente cantidade de extranxeiros, levan sentindo nestes anos as lembranzas da cultura de aldea e vivindo en directo unha experiencia de degustación de produtos típicos e celebración da realidade cultural e histórica da Galiza e os seus sinais máis identificativos.
Horario / calendario
O restaurante fica aberto de 13,00 a 1,00.
O horario da cociña é de 13,00 a 16,00 e de 20,00 a 24,00
Podes consultar aquí o noso calendario de apertura
Abrimos todos os días, de xuño a setembro.
O resto do ano, abrimos de xoves a domingos, máis festivos e vésperas.
Axustamos o noso calendario á demanda de grupos numerosos.
Reservas
Aceptamos reservas para comidas de empresa, eventos e celebracións para grupos de máis de 20 persoas e ofrecemos menús a partires de 15 euros por persoa.
O restaurante Fogar do Santiso ofrece unha ampla variedade de produtos, estando a combinar a degustación da cociña tradicional galega coa proposta de novos pratos de orixe ecolóxica.
O noso restaurante apresenta unha proposta diferente para que poidas compartir a exaltación gastronómica dunha comida cos teus amigos ou familia.
O pracer de comer coas mans é un compromiso co paladar dos nosos ancestros.
Produtos primeira calidade y de orixe ecolóxica.
O noso empeño por garantir a orixe e a trazabilidade dos alimentos, lévanos a elixir produtos de calidade, preferentemente do noso pais, sendo a maior parte dos produtos da carta de orixe ecolóxica. As verduras e hortalizas dos nosos pratos proceden das nosas hortas ecolóxicas.
Entorno
O Fogar fica nun entorno de aldea e bosque, con diferentes árbores autóctonas, construcións de madeira e a presenza permanente da pedra.
Muiño, fonte e regato, ilustran coa auga todo un espazo de recreación do enxebre e da natureza.
Un imaxinario de ensoñación da poesía, da música e da vida de aldea, leva ao visitante a lembrar os referentes culturais da Galiza e do noso pasado celta.
Natureza e Ocio
Toda a familia ten o seu espazo de disfrute e lecer. Xogos infantiles, terraza ao ar libre e natureza son referencias no entorno do Fogar do Santiso.
Arte e Cultura
A artesanía, a poesía, a música tradicional… teñen privilexio no entorno do Fogar, un compromiso para a exaltación da cultura en xeral e a creación artística.
Parte de los alimentos frescos que son consumidos en el restaurante proceden de cultivo biológico, realizado en sus propios espacios de huerta y de frutales.
Nuestro compromiso con un