En A Coruña: Hotel Fraga do Eume

Antes de que o río Eume derrame as súas augas no Atlántico, bañando as poboacións de Pontedeume e Cabanas, discorre...

Published by Kiko

Thursday, October 7, 2010

Share it!

Views › 1789

País
A Coruña
Población
A Capela
Dirección
Lugar A Extoxa, 4
Código Postal
15613
Teléfono
981 49 24 06
Email
info@hotelfragadoeume.com
Página web
http://www.hotelfragadoeume.com/

Antes de que o río Eume derrame as súas augas no Atlántico, bañando as poboacións de Pontedeume e Cabanas, discorre tranquilo serpeando as montañas e alimentando as súas beiras coa humidade necesaria para crear un bosque excepcional pola súa riqueza de flora e fauna ( Fraga do Eume ), unha das máis belas mostras do bosque atlántico.

Dende o Hotel Fraga do Eume, situado preto do río e ao lado do bosque do que herda o seu nome, queremos ofrecerlle un lugar excepcional e acolledor, sexa cal sexa o motivo da súa viaxe.

Construído nun edificio moderno, dotado dos máis avanzados servizos, coidamos e mimamos todos os detalles para lograr un ambiente acolledor, no que os nosos clientes estarán como na casa. A situación privilexiada do Hotel ofrécenos a posibilidade de realizar multitude de rutas de sendeirismo de gran beleza, percorrendo a FRAGA DO EUME. Preme calqueira das nosas propostas.


Dende o hotel -con pequenos desprazamentos- podemos achegarnos ás fermosas praias das Rias Altas Gallegas. Cabanas, Ares, Chanteiro... que nos ofrecen as súas augas limpas e os seus suaves areais.

Toda a zona é un percorrido turístico por estradas, que entran e saen en pobos, antes veciños e hoxe xa mesturados, onde detrás dun pequeno bosque aparece unha praia, anonima no seu nome e fermosa no seu paradisíaco aspecto

Liked the read? Share it with others!

Views › 1789

Videos

OIV forecasts less wine in 2026: 22.5 billion litres
A black year for UK hospitality
A turning point for EU spirits?