Degustar poemas de Florencio Delgado Gurriarán e ler viños coa Ruta do Viño de Valdeorras

Escrito porMEmbajadora

Martes 05 de Abril de 2022

 

2022 e o ano de Florencio Delgado Gurriarán, ano no que se lle adica o día dás letras galegas a este escritor valdeorrés.

A Ruta do viño de Valdeorras nos propón unha cata maridaxe de poemas escritos por Florencio, nos que se viu inspirado polo viño dá sua terra natal, e os viños de Valdeorras. Os versos hai que catalos, saborear a sua cadencia e que logo repousen na nosa mente, a palabra a pon Diana Rodríguez, fará da poesía unha bebida que se saborea lentamente.

Os viños de valdeorras, interpretados por Mercedes, son fruto das mans de viticultores de palabras, copa a copa profundizaremos nos seus intersticios e coma a os poetas gústaranos envolver con metáforas o que agocha valdeorras.

A actividade se continuará cunha comida no C.H.Paladium inspirado tamén na figura de Florencio.

¿Quen se anima a descubrir a que sabe a estructura dunha"Bebedeira" e as liñas dos viños que Florencio quixo remataran en Casoiro?.

Seis viños , de distintas zonas da comarca (Entoma, A Rua, Petín, Córgomo, Seadur e Rubiá) e seis poemas ,para mentes inquedas , de Florencio Delgado Gurriarán.

 

Máis información  rutadelvinodevaldeorras.com

 

Un artículo de MEmbajadora

Comenta